O Sistema de Calidade Turística en Destinos (SICTED) é un proxecto auspiciado pola Secretaria Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias, integrado nun marco de actuacións do Plan Integral do Turismo Español (PICTE) dirixido ás organizacións e institucións, tanto públicas como mixtas dos municipios.
A idea xorde ante a necesidade de dotar ós destinos turísticos de mecanismos que permitan dirixir e aunar esforzos cara un obxectivo común: a mellora da calidade dos servizos que se ofrecen nun mesmo destino e alcanzar un nivel de calidade homoxéneo (de nada sirve que te traten moi ben nun establecemento se no resto fano mal, deben traballar todos conxuntamente e dun xeito integrado en pro da calidade e que repercuta na satisfacción do cliente).
O SICTED en Guitiriz
O Concello de Guitiriz comeza a traballar no Sicted no ano 2005, sofre un paron de ano e medio por motivos alleos a xestión municipal e retomase en maio de 2007. Dende entón as empresas participantes seguen traballando por acadar os niveis maximos de calidade e ofertar aos seus clientes o mellor servizo. Na actualidade participan no programa 16 entidades de diferentes sectores, tanto públicos como privados, e son os seguintes:
- Oficina Municipal de Turismo
- Policia Local
- Panadería La Esquina
- Panadería David
- Fotografía Kantero
- Bar Xoldra
- Tapería O Korreo
- Bar Cit
- Restaurante La Casilla
- Albergue wittericus
- Parrillada merendero
- Parrillada a capela
- Café bar recreo
- Camping el meson
- Taxi Angel Neira
- Protección civil