O Concello de Guitiriz retoma o taller estimulación cognitiva para tódalas persoas que desexen manter a mente activa e divertirse.

A actividade dará comezo o 14 de outubro en Parga e o 15 en Guitiriz.

- Grupo Parga (Escola das nenas): os xoves ás 11:30 horas.

- Grupo Guitiriz (Aula Cemit): Venres ás 11:30 horas.

As persoas interesadas poderán realizar a matrícula ata o 11 de outubro no Concello (con cita previa) ou tamén a través da sede electrónica. 

 

Descarga a ficha de inscrición aquí