Talleres de informática durante os meses de outubro-novembro na Aula CeMIT de Guitiriz.

O taller de procesador de textos, realizarase durante os días 20, 22, 27 e 29 de outubro en dúas quendas.

- Queda de mañá de 10:00 a 12:00 horas.

- Quenda de tarde de 16:30 a 18:30 horas.

O segundo taller: trámites coa administración electrónica, relizarase durante os días 3, 5, 10, 12, 17, 19 de novembro en dúas quendas.

- Quenda de mañá de 10:00 a 12:00 horas.

- Quenda de tarde de 16:30 a 18:30 horas.

Para máis información contactar co teléfono  982 370 062 ou no cemit.guitiriz@xunta.gal

As inscricións poderán facerse na Aula CeMIT a partir de hoxe, 15 de outubro. As prazas serán limitadas.